Presentación “Contos Estraños”- Festa de disfraces estraños
Contos Estraños ten o pracer de convidarvos a presentación non só do seu proxecto editorial senón tamén a do primeiro número da súa colección “Contos Estraños”. Un recopilatorio de relatos de fantasía, terror e Ci-Fi que vos deixará ca boca aberta e que conta con máis dunha dúcia de autores, tanto escritores como ilustradores.
Unha festa moi especial, pois celebrarase no Tatooine, pub de ambientación Star-Wars localizado en Santiago de Compostela e que para manter o espírito que nos caracteriza consistirá nunha festa de disfraces estraños. Que entendemos como estraños? Quen sabe… quizaís unha bailarina-de-ballet-cazarecompensas-espacial, un terminator-folclórico ou un Doutor Who-empregado-de-Dharma.
21:00-21:30: Presentación do proxecto.
21:30-22:30: Charla cos autores, preguntas e propostas, firmas.
22:30-04:00: Festa de disfraces.Teremos tamén uns petiscos por se vos entra a fame.
E algúnha que outra sorpresa moi, moi… pero que moi Freaky.
2 Comentarios
Other links to this post
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
By xose manuel esperante davila, 23 Novembro 2011 @ 6:18 p.m.
Moita merda co proxecto. Estarei atento. Onde se pode adquirir ese primeiro libro? Onde se vos poden enviar relatos?(por se nalgún momento me animo e temos «filing»)
By Contos Estraños, 25 Novembro 2011 @ 9:12 a.m.
Pois poderás atopalo nas principais librarías, ainda que tamén podes pedírnolo a nos e cho enviaremos a tua casa sen gastos adicionais. Tanto para os pedidos como para enviar os teus relatos podes facelo en contosestranhos@gmail.com.
Grazas polo teu apoio e esperamos que te animes a participar.