Steam-Pulp da Galiza

Sobre Contos Estraños

Benvidos o universo do estraño, do heroico, do tenebroso, do ucrónico. Benvidos a reinos lendarios, a mundos de pesadelos, a realidades alternativas… a galaxias moi moi afastadas. Benvidos o proxecto Contos Estraños. De seguro que o seu propio nome esperta en vós ecos recoñecíbeis, non por nada tomámolo prestado da mítica publicación “Weird Tales”, aquela revista pulp de comezos do século XX na que autores americanos como H.P. Lovecraft ou Robert E. Howard entre outros, asentaron as bases da fantasía e o terror moderno. Con aquel mesmo espírito famento de sorprender, estarrecer ou marabillar emprendemos esta viaxe, que como todas as grandes aventuras comeza cun primeiro paso, e coa firme intención de dar a coñecer eses talentos da escrita fantástica que sabemos moran nesta terra.

Contos Estraños xérase coa intención de se converter nunha colección de libros, que non revistas, debido o seu formato de arredor das 150 páxinas e a intención de facer perdurar a súa estancia nos andeis das librarías. Polo tanto quedará case exenta de publicidade e de distribución no circuíto comercial de quiosco.

O seu contido comprende como non pode ser doutro xeito dun groso de contos ou relatos, permitindo un espazo para novelas por entregas, ilustración, unha sección de tradución e outra de entrevistas aos autores máis importantes do panorama literario do fantástico, podendo chegar nun futuro a editarse números especiais ou recompilatorios tanto de contos como de novelas. Estimamos que o seu período de eclosión sexa nun primeiro momento trimestral, máis xa sabedes que cos estraños eóns todo é posíbel, e “mesmo a morte pode morrer”.

Abrimos sen máis preámbulos as portas desta a vosa casa para que nos enviedes relatos, novelas, ilustracións, todo o que vos queirades e que estea englobado dentro do xénero da fantasía ou a ciencia-ficción. Lembrade que a publicación será en galego, e aínda que podedes mandar o material en castelán, unha vez lle deamos o visto bo correrá da vosa man traducilo.

“Unha páxina en branco… é un bo comezo”.

Jonh Ronald Reuel Tolkien.

  • By Jose Angel, 18 Setembro 2011 @ 10:23 a.m.

    Genial leer sobre este tipo de novedades, así que contad con mi humilde colaboración.

    Un saludo

  • By Contos Estraños, 18 Setembro 2011 @ 10:27 a.m.

    Grazas a ti polo ofrecemento. Nos próximos días iremos publicando as bases para o envío de orixinais a publicar.
    Un saúdo!

  • By o papasol, 19 Setembro 2011 @ 9:57 p.m.

    Algo se move!!! Claro que si, e me alegra o día e me fai esquecer das pequenas tonterías cotiás ver iniciativas coma esta. Difundireino a través do blog do papasol e animarei á xente do meu entorno a participar.

  • By Ladherna, 19 Setembro 2011 @ 10:01 p.m.

    Por fin unha boa proposta! Comezo agora mesmo a escribir 😉

  • By Axouxere, 19 Setembro 2011 @ 11:43 p.m.

    Encántame a proposta!!! Estarei o tanto das normas para enviar os orixinais. Unha dúbida: poderíanse mandar contos ilustrados? O meu campo é a ilustración pero gústame escribir tamén.

  • By Contos Estraños, 20 Setembro 2011 @ 11:27 a.m.

    Por suposto, esa é a principal razón de aceptar ilustracións. Podes enviar os teus traballos o noso mail contosestranhos@gmail.com
    Tamén podes pasarte polo noso facebook https://www.facebook.com/profile.php?id=100002915458221

  • By Axouxere, 20 Setembro 2011 @ 11:44 a.m.

    Moi ben!! Gracias por la información 🙂

    Encántame o proxecto, e qué mellor lugar que Galicia para escribir sobre escuridade?

  • By Axouxere, 20 Setembro 2011 @ 11:59 a.m.

    Outra dúbida e perdón por ser tan pesada jajajaja

    A reseña biográfica que dicides no facebook é para as ilustracións tamén?

  • By JM, 20 Setembro 2011 @ 6:33 p.m.

    Non actualizades a páxina http://www.facebook.com/pages/Contos-Estra%C3%B1os/153233528100066 ?

  • By Contos Estraños, 21 Setembro 2011 @ 8:43 p.m.

    Actualizamos dende o perfil: https://www.facebook.com/profile.php?id=100002915458221

  • By Ernesto Diéguez Casal, 21 Setembro 2011 @ 10:36 a.m.

    Xenial estas iniciativas, tendes o meu apoio e quizá a miña participación (aínda que teño a maioría dos meus escritos en castelán, algún hai en galego, e de todas formas, quén mellor que o propio autor para traducilos?)… Difundindo agora mesmo

  • By Sierra, 27 Setembro 2011 @ 11:47 a.m.

    ¡proposta moi interesante! O certo é que por estas terras vótase de menos este tipo de iniciativas.

  • By Sabela, 28 Setembro 2011 @ 9:52 p.m.

    Grazas pola iniciativa. Pódese enviar material escrito no meu blog o no meu flickr? Grazas!

  • By Anna, 8 Outubro 2011 @ 6:51 p.m.

    Eu tamén me apuntei no facebook, pero, obviamente, seguirei a información que deades polo blog. Contade conmigo!

  • By Yosu, 25 Novembro 2011 @ 11:31 a.m.

    Unha interesante iniciativa, como xa se dixo, e sobre todo nesta terra na que o fantástico está algo esquecido dende hai moito.
    A ver se lle damos un pulo a este xénero.

  • By Rafael, 25 Novembro 2011 @ 12:47 p.m.

    Unha proposta moi interesante. Haberá que vos mandar algunha cousa.

  • By Meneame.net, 26 Novembro 2011 @ 4:10 p.m.

    Bos dias. Gostariame ter mais info sobreo ontipo de material que precisades. Un saudo.

  • By Pelucas, 9 Decembro 2011 @ 2:01 p.m.

    Hola, Soy Pelucas Ilustrador e creativo.
    Gustame moito a escuridade e o subconsciente .
    Asi que si necesitais a miña man como profesional, contade conmigo,
    http://www.ladrillopitillo.blogspot.com
    Un saludo e sorte

  • By Maria Jose Guallart Calvo, 3 Xaneiro 2012 @ 7:52 p.m.

    Genial idea. Me encantaría que contaráis conmigo, pero sería en castellano, soy aragonesa (de Zaragoza) y aunque una rama de mi familia materna reside en Pontevedra, no sé escribir en galego, aunque algo entiendo.
    Coque

  • By Jacobo Feijóo, 17 Marzo 2012 @ 1:06 p.m.

    Chegoume a casa o número un de Contos Estraños! Penso que aínda é mellor que número cero. Estades a superaros cada día máis.
    Levo tres contos lidos e realmente estou a pasalo ben. Boa calidade, maxistral redacción, magnífica presentación.
    Seguide así, ides moi ben…

  • By Vidal, 1 Decembro 2012 @ 4:08 p.m.

    Hai relativamente pouco que sei do seu traballo, pero, unha vez visto, está claro que, se non existira Contos Estranhos aquí, habería que inventalo.

  • By Guillerme Coen, 19 Agosto 2013 @ 8:17 a.m.

    Bo día estraños de todo o mundo.
    Ben vexo que a escuridade, o misterio, as lendas e pesadelos están á órde do día. Por iso benvidos sexan os relatos de Contos Estraños que deitan sensacións dunha maravillosa fantasía para facermos fronte á puta realidade.
    A continuar sen medo,
    Guillerme

Other links to this post

Contos Estraños is powered by Wordpress | WordPress Themes